Pequenos metereólogos en acción

Nas nosas aulas de Infantil estamos a converternos en verdadeiros meteorólogos! Cada mes facemos un rexistro do tempo e, todas as mañás, dentro das nosas rutinas, falamos do ceo que nos rodea.

Observamos pola xanela se hai sol, nubes, choiva ou vento, e comentamos todo o que vemos. Despois, aprendemos a identificar como está o día e descubrimos palabras como nublado, soleado, choiva ou vento.

Con esta actividade imos aprendendo como o tempo cambia coas estacións do ano e como isto afecta ás colleitas que coidamos ao longo do curso. Ademais, nos axuda a comprender a importancia de respectar a natureza e coidar o noso planeta.

También te podría gustar...

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.