Hortas conectadas!
Este mes iniciamos un proxecto ilusionante: Huertos Conectados!
O noso cole participa no programa “Fitas de Vento”, unha iniciativa que une escolas de Mozambique e Galicia (Blog de Fitas de Vento).
Ademais, estamos irmandados cun centro dos Xesuítas en Tete, o que fai que a nosa relación con este país sexa aínda máis especial e significativa.
Cada curso levaremos a cabo diferentes actividades para achegarnos á súa cultura e manter o contacto co alumnado de alí. Nesta ocasión, imos plantar as mesmas verduras e observar como medran en ambos lugares, compartindo fotos e vídeos do proceso para aprender xuntos dunha maneira práctica e enriquecedora.
Deixámosvos algunhas imaxes do horto que están a preparar en Tete, Mozambique, que nos enchen de ilusión e ganas de comezar!
Porque tamén no coidado da nosa Casa Común… ESTAMOS XUNTOS!


Comentarios recientes