Chefs por un día
Que importante é manter unha alimentación saudable, equilibrada e baseada en produtos de proximidade.
Hai uns meses tivemos a sorte de contar coa visita dunha avoa cociñeira que veu compartir connosco un divertido obradoiro de cociña. Preparamos unhas deliciosas brochetas de froita fresquiña e tamén unhas riquísimas galletas. Ademais, aproveitamos todos os anaquiños dos alimentos sen desperdiciar nada, porque tamén dende a mesa podemos axudar a coidar o planeta.
Por un día, convertémonos en auténticos superchefs!


Comentarios recientes