A ruta da auga en Infantil e terceiro ciclo de Primaria
Tanto o alumnado de Infantil como o de terceiro ciclo de Primaria estiveron traballando arredor da auga: os seus estados, as súas propiedades, o ciclo da auga… poñendo especial énfase na súa importancia para a vida.
Recibiron a visita de expertos do Concello sobre o tema para facer obradoiros e logo, en distintos momentos, realizaron tamén un percorrido pola ribeira do río Mero, onde puideron observar aves, insectos e diferentes especies vexetais, ademais da presa, comprendendo mellor o seu funcionamento e a relación co entorno natural.









Comentarios recientes